Os traballadores de Elnosa anuncian mobilizacións ata que o alcalde reciba á directiva

PONTEVEDRA> Os traballadores de Elnosa non pararán ata atopar unha solución. Concentraranse cada semana diante do Concello ata que o alcalde de Pontevedra acepte reunirse coa directiva da empresa. O Comité tamén acusou á Deputación de querer esconder os seus encontros con eles e anunciou que tratarán de entrevistarse co líder socialista, Pedro Sánchez, para buscar o seu apoio.

 

O Comité de Empresa de Elnosa aseguraba esta mañá que van facer o que sexa necesario para loitar polos seus postos de traballo. Aos carteis que puxeron polas rúas da cidade e aos que levan os seus transportistas por toda España engadirase unha concentración semanal ás portas do Concello ata que a directiva da empresa sexa recibida polo alcalde. 

Dende Elnosa tamén informaron da vergonzosa actitude da Deputación, a pesares de terse reunido con eles.

Tamén aproveitarán o período electoral para tratar de reunirse co líder socialista, Pedro Sánchez, e pedir o seu apoio, xa que por parte do representante do PSOE no Concello so encontran unha actitude chulesca e agresiva.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/04/traballadores_elnosa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/04/traballadores_elnosa.mp4{/flowplayer}