O concello homenaxea aos mestres xubilados da Boa Vila

Pontevedra> O Goberno Local de Pontevedra homenaxeou nesta xornada a todos os profesores xubilados da cidade. Fixoo cun acto na Casa da Luz, onde o alcalde e a concelleira de Educación, quixeron agradecer a labor realizada por todos estes Mestres. Unha cita á que tamén acudiron os alumnos de sexto de primaria de colexio de Barcelos. Pontevedra forma parte da Rede de Cidades Educadoras, con ese fin, e nesta xornada dende o concello de Pontevedra realizaron unha homenaxe na Casa da Luz para todos os profesores xubilados da Boa Vila. Unha homenaxe que contou coa presenza do alcalde de Pontevedra e da concelleira de Educación, e ademais a esta cita tamén asistiron os alumnos de sexto de primaria do Colexio de Barcelos aos que lles preguntamos que significan para eles os seus mestres. E as profesoras e profesores xubilados están desfrutando do seu tempo libre, algúns botan de menos a ensizanda, pero todos falan con moito agarimo da súa época como mestres. Unha xornada lúdica, onde pequenos e maiores puideron brindar por todos eses profes que aportaron moitos nesta sociedade, puideron brindar pola Educación.