A POBRA> Non é habitual, nin moito menos, a participación da Policía Local en operacións a tan gran escala. De aí, o extraordinario do papel dos axentes pobrenses que lograron interceptar a droga así como a detención de tres dos implicados, na que foi clave a colaboración cidadá.
Tralo acto de recoñecemento, os axentes pobrenses amosaron a súa gratitude e satisfacción por ter contribuído a desartellar este grupo criminal e sacar da rúa tanta cantidade de droga evitando o seu consumo.
As pescudas desenvolvidas ó longo de varios días foron determinantes para poder interceptar o alixo de droga; parte del mentres era trasladado por terra trala descarga e o resto agochado nas inmediacións da praia.
Na detención dos tres tripulantes do narcosubmarino tivo tamén moito que ver a colaboración cidadá posto que foron moitas as chamadas de veciños alertando da presenza de tres individuos coas vestimentas molladas facéndose pasar por peregrinos que realizaban o camiño de Santiago.
A pesar do gran valor amosado, Marcos recoñece os momentos de medo vividos ante o perigo que supón a gran exposición dos axentes locais coñecidos entre os delincuentes. Aínda así, asumir este risco pagou a pena polo seu deber de servizo público.











