O PP de Ribadumia lamenta que o tripartito suba as taxas da escola de verán e a gardería

    RIBADUMIA> O PP de Ribadumia lamenta que o grupo de goberno incumpra o seu programa electoral subindo entre un 50 e un 65% unhas taxas que prometera baixar. Trala aprobación no pleno de onte da subida dos prezos da Escola de Verán, a oposición asegura que a presión que exerceron foi determinante para a retirada provisional da outra proposta que aumentaba as taxas da gardería.

     

    Prometían revisar e rebaixar as taxas no seu programa electoral, pero no pleno de onte pola tarde o grupo de goberno de Ribadumia, formado por Independentes por Ribadumia, Somos Ribadumia e o partido socialista, sometían a votación dúas propostas nas que subían as taxas da gardería e a Escola de Verán.

    A Escola de Verán que custaba no anterior mandato 30 euros por mes e neno inscrito pasa agora a custar 45 euros e se antes se engadían só 20 euros por irmán que tamén estivera na escola agora pasarán a ser 30.

    A outra taxa que propuxeron subir e que no último momento decidiron retiraron do orde do día foi a da subida dos prezos da gardería e o seu comedor que pasan de custar 137’5 euros ao mes a case 230.

    Dende o Partido Popular lamentan que sexan os veciños os que teñan que pagar esas subidas cando ata o momento era o Concello o que se facía cargo de parte dos custes de ambas iniciativas.  

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/06/pp_ribadumia_pleno_taxas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/06/pp_ribadumia_pleno_taxas.mp4{/flowplayer}