Os concellos do Salnés e a comarca de Pontevedra xuntos pola sanidade pública

PONTEVEDRA> Os representantes políticos de máis de 10 concellos do norte da provincia entre os que se encontraban Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Barro, Cambados ou Moraña uníronse a SOS Sanidade Pública para pedir unha resposta masiva á manifestación prevista para este venres 13 de novembro entre o Hospital provincial e a Praza de España de Pontevedra en defensa dunha sanidade de calidade para todos.

 

Pola dignificación da sanidade pública na área sanitaria norte da provincia, os alcaldes e representantes políticos de máis de 10 concellos de Pontevedra, sen importar o seu partido político, uníanse hoxe a SOS Sanidade Pública.

Xuntos fixeron un chamamento para que a cidadanía acuda en masa á manifestación deste venres 13 de novembro que as oito e cuarto da tarde sairá do Hospital provincial e que reivindica a ampliación de Montecelo como hospital único en vez da creación doutro en Monte Carrasco.

En opinión de Fernández Lores non é de recibo que só Pontevedra e Ferrol queden sen fondos para proxectos sanitarios nos orzamentos autonómicos de 2016 e dende Marea aseguran que a última partida importante para a comarca foi fai dez anos.

Todos piden que a resposta da zona norte de Pontevedra sexa igual de contundente que a da manifestación en contra do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/09/sanidade_publica.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/09/sanidade_publica.mp4{/flowplayer}