A oposición pide que se poña o contador a cero no servizo de contratación da auga

Pontevedra> A oposición de Pontevedra teno claro, o concello debe resetear o proceso de contratación do servizo e abastecemento da auga en Pontevedra. PSOE, Ciudadanos e PP pediron esta mañá que se poña o contador a cero co fin de permitir a todas as empresas saír dende o mesmo punto, e non beneficiar, segundo eles mesmo afirman á actual empresa adxudicataria, a Viaqua.

Máis de 5 horas estiveron esta mañá valorando os membros da mesa de contratación, onde están todos os partidos políticos, a valoración técnica das empresas que concorreron á concesión do servizo da auga. Dende Ciudadanos din que o problema de raíz ven na redacción dos pregos.

Dende o PSOE e o Partido Popular piden que se volva a poñer o contador a 0 de tal maneira que non se beneficie neste proceso a ningunha empresa como neste caso, din, está pasando coa actual adxudicataria, Viaqua.

E dende a Marea din que este é un proceso de privatización ao cadrado.

Lembramos que se trata dun contrato moi importante, concretamente 6,5 millóns de euros anuais durante os vindeiros 20 anos, isto é o que cobrará a empresa que, a partir deste ano,  xestione o servizo de abastecemento de auga e saneamento de Pontevedra