O persoal sociosanitario e a futbolista Paula Dapena reciben o Premio Cidade de Pontevedra 2020

PONTEVEDRA> O Teatro Principal acolleu hoxe os premios Cidade de Pontevedra 2020. Os galardóns foron a parar ao persoal sociosanitario da Boa Vila e á futbolista Paula Dapena.

O 2020 marcou un antes e un despois entre toda a cidadanía e se algo demostrou o pasado ano foi a importancia de poñer en valor a valentía, o compromiso e a xenerosidade nos momentos máis adversos. Unhas calidades que puxeron en práctica os dous galardoados nos premios Cidade de Pontevedra. Este foi o xesto que converteu a Paula Dapena nunha das premiadas no día de hoxe. A futbolista que se negara a homenaxear a Maradona quixo compartir este recoñecemento con todas as mulleres.

Os premios Cidade de Pontevedra tampouco quixeron esquecer a labor que desempeñou todo o persoal sanitario e sociosanitario durante a pandemia. A eles foi a parar o galardón na categoría xurídica.

O alcalde de Pontevedra aplaudiu no seu discurso o xesto da xogadora Paula Dapena e aproveitou para reclamar a necesidade de reforzar o sistema público de saúde.

Sergio Heredia e Micaela González  foron os encargados de poñer o toque musical durante todo o evento. Un acto que se clausurou coa interpretación de Óscar Ibáñez do Himno Galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí