POIO> Dramático suceso o que acontecía a pasada madrugada en Combarro. Un cerqueiro afundíase na ría de Pontevedra despois de colidir cunha batea, por causas que aínda se descoñecen, no entorno das 04:30 da mañá. A tripulación do Nuevo Marcos estaba formada por cinco veciños moi coñecidos da parroquia poiense de Campelo. Familiares, medios de comunicación, membros do servizo de emerxencias, Garda Civil e veciños de Poio desprazáronse este mércores ata o porto de Combarro para seguir o operativo de busca activado para atopar aos cinco tripulantes do “Nuevo Marcos” afundido entre a illa de Tambo e Combarro a pasada madrugada. Parece que un erro humano podería ser a causa da colisión, aínda que non hai nada confirmado. Os cinco mariñeiros, eran moi coñecidos e veciños da parroquia de Campelo Ata o porto poiense desprazouse tamén o patrón maior de Portonovo, onde o cerqueiro tiña asentada a súa base. José Antonio Gómez cree que o feito de colidir contra unha batea nunha zona coñecida para estes mariñeiros puido deberse a un despiste. A medida que transcorrían as horas a tensión aumentaba para os familiares que se ían achegando ata as instalacións portuarias para coñecer a sorte que finalmente correran os seus achegados. Esta non era a primeira vez que este cerqueiro sufría un naufraxio, aínda que si é o máis grave de todos eles ao falecer tres dos seus cinco tripulantes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/27/operativo_busca_naufraxio_combarro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/27/operativo_busca_naufraxio_combarro.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA