Pontevedra actualiza a súa imaxe corporativa coa pedra e a auga como elementos centrais

PONTEVEDRA> Pontevedra xa ten nova imaxe corporativa. A pedra e a auga dan forma a esta identidade gráfica, máis sinxela, limpa e contemporánea. A proposta do estudo de deseño Cenlitrosmetrocadrado supón unha evolución da imaxe actual pero, explican, mantendo os elementos identitarios do municipio.

Arria Oreta, pedra e auga na antiga xerga dos canteiros, é o nome da nova imaxe corporativa do concello de Pontevedra. Unha identidade gráfica que retinterpreta estes dous elementos identitarios do municipio.

A imaxe foi deseñada polo estudo Cenlitrosmetrocadrado, gañador do concurso convocado para a renovación. O novo escudo mantén a base semicircular. A coroa aparece substituída por unha representación das pontes da cidade e das torres da muralla. No interior, as ondas simbolizan a auga.

Esta imaxe substituirá á “lentella” que no 200 deseñou Xosé María Tornée. As cores elixidas son únicamente o azul, como primaria, e o gris. Cambia tamén a tipografía, optando por unha de trazos limpos.

A nova imaxe irase incorporando de xeito paulatino. O primeiro paso será substituír a actual nas dependencias municipais. Despois, nas sinalizacións do rueiro pontevedrés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí