CETS aposta pola calidade para reforzar o turismo e avanzar na desestacionalización

    SANXENXO> Rematado o verán e con el a tempada alta do turismo, o sector reforza a súa aposta pola desestacionalización. En Sanxenxo presentaron esta mañá unha nova campaña publicitaria para intentar aproveitar o tirón da ponte de decembro e da tempada de Nadal. Nesta nova estratexia fan especial fincapé na calidade da súa oferta.

     

    A calidade da súa oferta é a principal preocupación do sector turístico de Sanxenxo. Empresarios e administración son conscientes da competencia, e apostan pola diferenciación.

    Por iso fan fincapé en facer de Sanxenxo un sinónimo de calidade, algo que o Consorcio de Empresarios Turísticos da vila quere reforzar cunha nova campaña. Aproveitando, de paso, o tirón da campaña de Nadal.

    Unha nova páxina web, sanxenxoturismo.es servirá de ventá para coñecer toda a oferta da vila. Ademais, cun só click poderá accederse directamente aos recursos que contan con algún selo de calidade. 

    Pola súa banda, a Directora Xeral de Turismo destacou o traballo que hai detrás destes logros do sector de Sanxenxo, e insistiu no peso do turismo na economía galega.

    O posicionamento en webs de viaxes, buscadores e blogs tamén forma parte da estratexia, que se completa con anuncios co lema “Descobre Sanxenxo. Descobre Calidade. Sanxenxo destino de altura”.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/10/turismo_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/10/turismo_sanxenxo.mp4{/flowplayer}