A operación Pokemon salpica ao Concello de Pontevedra

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra salpicado pola operación Pokemon. Dous axentes de aduanas solicitaron esta mañá documentación correspondente á contratación do servizo de augas con Viaqua e da empresa de transporte de viaxeiros Viúda de Cándido.

 

As dez desta mañá dous axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira presentábanse nas dependencias municipais para solicitar documentación referida á contratación e posibles prórrogas de empresas pertencentes ao grupo Augas de Barcelona SA como é Viaqua, antiga Aquagest, dende o ano 2009. Tamén se solicitou toda a facturación en relación á empresa de transporte de viaxeiros Viúda de Cándido.

A petición foi formalizada polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo que dirixe a xuíza Pilar de Lara e enmárcase dentro da Operación Pokemon.

Dende o Concello teñen constancia de que o contrato establecido con Viaqua formalizouse en 1997 e remata no ano 2017, pero descoñecen a que se debe esta investigación.

A investigación parte dunha peza separada derivada da Operación Pokemon en 2014, ao que o edil de Réxime Interior, García Legísima, resposta pedindo que se peche a causa aberta en 2011 en vez de seguir abrindo outras novas.

Legísima tamén lembrou a capacidade dos xulgados pontevedreses para levar causas coma esta se fose necesario.

Os funcionarios prepararon durante toda a mañá a información solicitada e dende o grupo de goberno aseguraron non ter nada que temer.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/11/pokemon_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/11/pokemon_pontevedra.mp4{/flowplayer}