Os avogados reclaman condicións e pensións dignas para a quenda de oficio

PONTEVEDRA> Preto de medio cento de avogados de Pontevedra concentráronse esta mañá na praza da Peregrina. Reclaman melloras nas súas condicións laborais, facendo fincapé na precariedade da quenda de oficio.Denuncian que no momento da xubilación as pensións que lles quedan son indignas.

Medio cento de avogados concentráronse esta mañá en Pontevedra. Baixo o lema ‘Por un exercicio da Avogacía digno’, reclamaron melloras nas súas condicións laborais.

Destacan, especialmente, a precariedade da quenda de oficio. Perciben unha indemnización pola prestación deste servizo e a Xunta de Galicia non lles aboa as gardas de 24 horas.

Tamén poñen o foco nas prestacións sociais. Denuncian que as pensións de xubilación e incapacidade son indignas, roldando en moitas ocasións os 300 euros.De feito, os colexios profesionais destinan cada ano parte dos seus fondos a complementar estas prestacións.

A quenda de oficio está en folga dende o pasado 31 de novembro. Un dereito que, segundo os manifestantes, non está a ser respectado por numerosos xuíces e fiscais. Pero advirten de que estas actitudes non van frear as súas mobilizacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí