A Presidenta da Deputación de Pontevedra visita o Concello de Poio

POIO> Poio recibía esta mañá a visita da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na súa ruta por todos os concellos da provincia. Silva anunciou un incremento económico importante no Fondo Local para Poio e tomou nota das peticións do alcalde, Luciano Sobral, na mellora de estradas, a dotación de equipamento deportivo e a necesidade dun centro de día.

 

Na súa primeira visita institucional ao Concello de Poio a Presidenta da Deputación de Pontevedra foi recibida polo alcalde, Luciano Sobral, quen lle ensinou as instalacións presentándolle aos funcionarios que nelas traballan. Carmela Silva aplaudiu esa iniciativa coa que pór en valor aos traballadores que fan un servizo público.

Na reunión e xunto coa tenente de alcalde, Consuelo Besada, a presidenta informounos dunha importante mellora no novo Fondo Local co que verán incrementado o volume de recursos económicos que recibiron en anos anteriores. Neste fondo os concellos contarán cun novo criterio, xa que ademais da poboación e a extensión agora tamén se incluirá o número de núcleos de poboación que teñen.

O alcalde quixo aproveitar para trasladarlle a necesidade de melloras nas infraestruturas que dependen da Deputación.

A Presidenta comprometeuse a estudar como mellorar esas estradas e a darlle prioridade a que afecta á Parroquia de Campelo. Outro dos puntos tratados na reunión foi a gran carencia equipamento deportivo por parte deste concello.

A Presidenta anunciou que no Plan de Deportes do próximo ano 2016 buscarase a maneira de equiparar a prestación de servizos de todos os concellos compensando a aqueles que foron maltratados e apartados, en palabras de Silva, pola antiga Deputación. A presidenta tamén quixo ser voceira das súas peticións acerca da necesidade dun centro de día para o concello.

Ambas institucións amosáronse moi receptivas á colaboración.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/12/carmela_silva_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/12/carmela_silva_poio.mp4{/flowplayer}