PONTEVEDRA> A Asociación Boa Vida está cada vez máis preto de conseguir unha nova furgoneta. O colectivo pontevedrés sufriu nas pasadas semanas o roubo, e posterior calcinación, do seu vehículo de reparto. Un feito que deixou a esta entidade sen unha das súas ferramentas principais. Pero un novo convenio, coa cooperativa Nosa Enerxía, axudaralles a seguir impulsando os seus proxectos sociais.
Con estas firmas e con este apertón de mans, a Asociación Boa Vida e a cooperativa Nosa Enerxía deixaban claro esta mañá o seu compromiso de camiñar xuntos cara un novo modelo sostible baseado no uso de enerxía renovable. Un convenio de colaboración que traerá grandes vantaxes para este colectivo pontevedrés.
Con este convenio, Nosa Enerxía, que é a primeira cooperativa enerxética galega sen ánimo de lucro, quere apoiar á asociación Boa Vida nos seus proxectos sociais.
Os fondos que se recaden grazas a este convenio de colaboración irán destinados, en primeiro lugar, para á compra da nova furgoneta de Boa Vida. Pero este non é o único obxectivo que ten en mente a asociación pontevedresa.
Todos os que queiran darse de alta en Nosa Enerxía poden facelo neste local da Asociación de Boa Vida, situado na rúa Santa Clara de Pontevedra.