PONTEVEDRA> O Partido Popular insiste: a Deputación de Pontevedra ten que concretar aos concellos os cartos que recibirán dos fondos provinciais. Os voceiros do grupo compareceron hoxe para dar conta dunha carta que a presidenta provincial enviou aos alcaldes; misiva na que, aínda que fala do financiamento dos concellos, non aporta cifras nin máis datos sobre como se fará o reparto.
O Partido Popular volve reprochar á Deputación a súa falta de concreción.
Moldes e Arévalo referíronse a unha carta que a presidenta provincial enviou aos alcaldes da provincia. Nela fala das liñas xerais do fondo de financiamento dos concellos, pero segue sen concretar cifras.
Repróchanlle, tamén, a falta de información e de comunicación directa cos alcaldes. Aseguran que o fondo único que está a poñer en marcha a Deputación vai supoñer moitos cambios no funcionamento, do que non hai detalles catro meses despois de que tomaran posesión.
Para os populares, a carta da Deputación aos alcaldes é a reacción do goberno provincial ás xestións que o seu grupo leva facendo nas últimas dúas semanas recollendo as inquedanzas dos rexedores.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/12/pp_plan_concellos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/12/pp_plan_concellos.mp4{/flowplayer}