Inauguración do novo acceso ó Centro Príncipe Felipe

PONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra inaugurou esta mañá o novo acceso ó Centro Príncipe Felipe. Con esta obra preténdese calmar o tráfico e resolver o problema de mobilidade que había na cidade infantil.

A Cidade Infantil Príncipe Felipe conta cunha nova entrada e unha nova rotonda. Con esta obra, a Deputación de Pontevedra pretende resolver os problemas de circulación e de seguridade que había nesta zona da cidade.

A mellora da estrada non soamente resolve diversos problemas de mobilidade, senón que ademais moderniza a estética do centro.

Ao Príncipe Felipe acceden diariamente un millar de persoas, a maioría nenos e nenas. Por iso era tan importante, tanto para a Deputación como para o Concello, adaptar a zona ó modelo de cidade no que o principal é a seguridade do peón.

Unha obra que remata despois de tres anos e medio de traballo e na que se invertiron 550.000 euros.

Comments are closed.