RIBEIRA> Unhas corenta embarcacións participarán este sábado no vixésimo terceira Regata Frinsa. Consistirá nun percorrido polo interior da ría no que dous catamaráns acompañarán ós regatistas para que o público poida disfrutar da regata.
O empeño persoal de Ramiro Carregal por manter viva esta proba fixo que a Regata Frinsa cumprise xa os 23 anos de vida en plena forma. Así o evidencia o alto índice de participación cunhas trinta embarcacións xa inscritas e previsión de que poidan superar os 40.
O percorrido decidirase o propio día da regata en función das condicións climatolóxicas entre os tres posibles itinerarios.
Ademais das embarcacións participantes nas tres categorías de regata, cruceiro regata e cruceiro, sairán do porto deportivo de Ribeira dous catamaráns para que o público poda ver ós regatistas en plena acción.
Unha vez finalizada a competición, ó redor das tres da tarde, terá lugar a entrega de premios e un almorzo mariñeiro para tódolos participantes e convidados.











