Pontevedra coroa ós campions do mundo de dúatlon

PONTEVEDRA> O ITU Mulstisport Festival xa coñece ós seu primeiros campións do mundo. A primeira fin de semana de competición estivo dedicada a modalidade de dúatlon. O circuíto constaba de 10 km a pé, 40 en bicicleta e pechábase con outros 5 de carreira.

As primeiras categorías destacadas en competir foron a sub 23 e a elite masculina. Na elite o campión foi o francés Benjamin Choquert seguido do español Emilio Martín que na carreira final superou por un segundo ó belga Angelo Vandecasteele. Na categoría sub 23 o campión foi o tamén belga Arnauld Mengal e o mellor español foi Carlos Oliver que rematou quinto.

Na categoría feminina a campioa, despois de unha espectacular carreira en bicicleta, foi a francesa Laura Devenez. A mellor das españolas foi Marta Pintanel que rematou sétima o que lle valeu para quedar segunda na categoría sub 23, só superada pola venezolana Edimar Daniely que quedou quinta na xeral.

O domingo tivo lugar a categoría junior. Nos homes o campión foi o español Sergio Batxer e nas mulleres a suíza Delia Sclabas, coa española Laura Durán en terceira posición. Tamén se disputaron as diferentes modalidades de paradúatlon deixando tres camións españois: Jose Manuel Quintero, Daniel Molina e Jairo Ruiz.