O BNG pide equipamentos nas parroquias con cargo ó POS e ó PAS

    RIBEIRA> O BNG de Ribeira solicita a dotación de infraestruturas deportivas e un centro social para a parroquia de Corrubedo. Estas actuacións, xunto a outras melloras en todo o municipio, incluiríanse no Plan de Obras e Servizos e no Plan de Acción Social da Deputación. Corrubedo centra boa parte das propostas dos nacionalistas que pretenden que se inclúa nas convocatorias de axudas da Deputación a construción de infraestruturas deportivas e a ampliación do centro social, xa que na actualidade a parroquia tan só conta cun aula habilitada para tal fin. O BNG demanda tamén unha serie de actuacións na parroquia de Palmeira. Entre elas, a urbanización da praza do Rueiro ou a construción dun centro de día en Insuela. A dotación de beirarrúas en varios treitos da rede viaria do municipio é outra das propostas dos nacionalistas para incorporar nos plans provinciais. Por último, a agrupación nacionalista propón a división da Casa da Xuventude e o Albergue de Ribeira xa que na actualidade só se poden utilizar conxuntamente dependendo en función horarios dos técnicos.