A Policía Local de Ribeira incorpora un novo vehículo ‘intelixente’ ó seu parque móbil

RIBEIRA> O novo vehículo está totalmente equipado, incluíndo un moderno sistema de control e recoñecemento de matrículas a través de cámaras. Foi adquirido pola modalidade de renting á firma Autos Iglesias.

Ribeira vén de incorporar un vehículo moderno e totalmente equipado para a Policía Local. Entre as peculiaridades deste ‘coche intelixente’ atópase o feito de contar cun total de catro potentes cámaras que permitirán controlar as matrículas dos coches a tempo real o que facilitará as tarefas dos axentes e axilizará a tramitación das multas.

O alcalde, Manuel Ruíz, destacou as novas prestación do vehículo, incorporado mediante a modalidade de renting, que entre outras cuestións, permitirá rebaixar as actuais tarefas ós efectivos da Policía Local.

O alcalde tamén informou que o corpo da Policía Local verase incrementado en breves datas coa incorporación de catro novos axentes, o que segundo el, permitirá poder mellorar o servizo que se presta na actualidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí