EDUGAL inaugura a súa sexta edición no Recinto Feiral

Pontevedra> O conselleiro de Educación inaugurou esta mañá no Recinto Feiral de Pontevedra a sexta edición de EDUGAL. Unha Salón educativo onde os alumnos poderán atopar toda a oferta formativa que se lanza dende a nosa provincia. Máis de 50 stands enchen de contido esta nova edición que estará na capital de provincia ata o venres 17 de febreiro. 

 

O Conselleiro de Educación inaugurou esta maña no Recinto Feiral de Pontevedra o sexto salón de oferta educativa e formativa de Galicia. Un evento moi importante para Román Rodríguez do que destacou o marco de colaboración entre a empresa pública e privada que se crea neste espazo e tamén a orientación e formación que se lle oferta aos mozos e mozas galegos. 

Máis de 50 stands compoñen esta sexta edición. A oferta pública e privada das universidades de dos ciclos chegan a este punto para facilitar a elección sobre o futuro laboral que desexa cada alumnos. 

Un salón educativo que abre moitas portas e axuda ao alumno a elixir o seu futuro laboral. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/inauguracion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/inauguracion.mp4{/flowplayer}