“Es intolerable que, teniendo a los Bomberos a un minuto, tengamos que recurrir a los del Salnés”

POIO> Malestar entre os veciños de San Salvador. Esta parroquia rexistrou o pasado domingo un incendio que calcinou varios colectores e dous vehículos. A pesar de que esta zona está situada a escasos metros do parque de Bombeiros de Pontevedra, no incidente interviñeron os Bombeiros do Salnés. Un feito que espertou o cabreo entre a veciñanza.

San Salvador atópase a 2 minutos do parque de Bombeiros de Pontevedra. Non obstante, ao incendio rexistrado o pasado domingo nesta parroquia acudiron os Bombeiros do Salnés, que se atopan a máis de 20 minutos. Os veciños deron a voz de alarma deste suceso arredor dás 4:20 horas da madrugada. Así e todo, non foi ata pouco antes dás 6:00 cando os servizos de emerxencias conseguiron extinguir as chamas. Os veciños téñeno claro: este incidente podería haberse freado moito antes de que o lume chegase aos vehículos.

Frustración. Isto era o que sentía Ana Gulías cando vía dende o seu balcón como as chamas propagábanse ata o seu vehículo. Un coche que foi mercado hai apenas 6 meses.

Os veciños de San Salvador aseguran que este suceso é unha demostración do abandono que sofren dende hai anos por parte do goberno municipal e piden que se tomen medidas de inmediato, antes de que sexa demasiado tarde.

Maior vixilancia e seguridade. Iso é o que pide a veciñanza de San Salvador. Uns veciños que non entenden que ten que acontecer na súa parroquia para que o goberno municipal busque solucións as súas demandas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí