PONTEVEDRA> As autoescolas pontevedresas están en folga. Profesores e persoal administrativo comezou onte un paro de seis días para negociar un novo convenio provincial. Queren forzar á patronal a que sente a falar para rematar coa precariedade laboral que sofren dende hai anos.
Os traballadores das autoescolas pontevedresas están en pé de guerra. Onte comezaron unha folga de seis días para reivindicar melloras nas súas condicións laborais e rematar coa precariedade e as prácticas abusivas que padecen dende hai anos.
Denuncian tamén que traballan sen plus de perigosidade e sen unha prevención de riscos adaptada ás particularidades do seu labor. Tamén poñen o foco nas condicións que sofren as embarazadas.
Con este paro, profesores e persoal administrativo queren forzar á patroal a sentar e negociar un convenio provincial. Xa que consideran que un a nivel estatal, que non se negocia dende 2013, non atendería ás particularidades da provincia de Pontevedra.
No mes de xullo houbo un primeiro achegamento que, segundo aseguran dende a Central Unitaria de Traballadoras, rematou coa negativa da patronal a continuar coas negociacións.
A folga continuará entre o martes e o venres da vindeira semana.