PONTEVEDRA> A hostalería non se renden. Centos de hostaleiros achegáronse hoxe ata Santiago de Compostela para manifestarse fronte á sede da Xunta de Galicia. Entre eles, once peregrinos que saíron onte dende Pontevedra co obxectivo de esixir o rescate do sector.
Multitudinaria manifestación a celebrada hoxe en Santiago de Compostela. Centos de hostaleiros uníronse hoxe fronte á sede da Xunta de Galicia para reclamar o rescate do sector.
O sector está ao límite e necesitan que o rescate se faga de maneira inminente. Ademais, con esta manifestación, todos eles quixeron deixar claro a cidadanía que as axudas non son suficientes.
Os hostaleiros non se opoñen ao peche do sector, sempre e cando isto axude a frear a pandemia, pero entenden que ese peche debe ir aparellado dun plan económico.
Nesta manifestación participaron unha vintena de asociacións galegas. Entre elas, Hoempo. Once hostaleiros peregrinaron dende Pontevedra ata Santiago de Compostela para poder reclamar o rescate do sector. Ademais, na concentración de hoxe tamén estiveron presentes os hostaleiros de Vilagarcía.