VILAGARCÍA> O colexio de Rubiáns volve a celebrar a súa festa do deporte. A escola dedica o día este ano ao Kempo. O alumnado gozou dunha práctica de exhibición.
A escola de Rubiáns, nos días previos á fin de curso, organiza a súa festa do deporte. Cada ano dedícao a unha disciplina e este ano a elixida foi o Kempo.
Con esta actividade o colexio busca promocionar a actividade física e a enxesta de alimentos saudables.
A xornada iniciouse cunha charla para coñecer o kempo, continuou cunhas clase práctica e rematou cunha entrega de premios.
O que máis gozaron os alumnos foi a parte práctica aprendendo Kempo.
Mañá será o último día de clase e pecharán o ano académico co festival de fin de curso.