O BNG de Ribeira reclama a modificación dos actuais valores do IBI

    RIBEIRA> Facéndose eco das queixas de numerosos veciños, o BNG de Ribeira levará ó vindeiro pleno a solicitude dunha modificación dos actuais valores do Imposto de Bens Inmobles. Para os nacionalistas a actual situación económica pola que están a pasar moitas das familias do municipio é unha razón máis que suficiente para reclamar esta baixada, estudando a posibilidade de bonificar ou permitir o pago fraccionado do mesmo dependendo de cada situación familiar. Ademais, outra das súas solicitudes pasa tamén porque o Concello lle demande á Dirección Xeral de Catastro a actualización dos valores catastrais tendo en conta as leis de acompañamento dos presupostos do 2014 e do 2015, xa que en Ribeira a última actualización foi realizada no ano 2008, e se retire o cobro con carácter retroactivo.