A CIG denuncia que os pregos do concurso de xestión das escolas de Sanxenxo incumpren dereitos laborais

SANXENXO> A CIG presenta alegacións ás bases do concurso de xestións das escolas infantís do concello de Sanxenxo. Segundo o sindicato, os novos pregos non respectan os dereitos laborais dos traballadores. Tamén engadiron unha garantía de cobro para evitar que calquera incumprimento da empresa adxudicataria poda afectar ao salario dos traballadores.

O pasado 29 de xaneiro, o concello de Sanxenxo publicou as bases do concurso para a xestión das súas escolas infantís. Segundo a CIG, os pregos da convocatoria permitirán á empresa adxudicataria establecer os días de vacacións dos seus empregados, incumprindo un dereito básico dos traballadores. Motivo polo cal, o sindicato presentou alegacións a este concurso.

A CIG indica que estes pregos vulneran a lei de contratación administrativa. Ademais, ao permitir que a empresa abra e peche o centro os días que considera, tamén prexudica aos usuarios.

O novo contrato ascenderá ata os 2 millóns 300 mil euros, o que supón un aumento de 400 mil euros con respecto ao concurso do 2016. Dende o concello sinalaron que este aumento está destinado á limpeza Covid. Dende a CIG, tamén engadiron a creación dunha garantía de cobro para protexer aos traballadores.

Dende a CIG agardan que o tribunal administrativo da contratación pública teñan en contas as súas alegacións e obrigue ao concello de Sanxenxo a modificar os pregos. De non ser así, estudarán a posibilidade de abrila vía do contencioso administrativo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí