As prazas de abastos resisten a pesar da escaseza de clientes

CAMBADOS> As prazas de abastos vense moi afectadas pola parálise provocada polo coronavirus. Moitas praceiras amplían o seus negocios coas vendas a domicilio. As comerciantes reclaman máis apoio e promoción por parte dos concellos.

Os mercados municipais resisten a duras penas a parálise provocada polo estado de alarma. Ao tratarse de produtos de primeiras necesidade, os postos continúan abertos pero as vendas caen a conta gotas e as prazas atópanse case baleiras.

As vendedoras tiveron que reinventar seus negocios e atoparon no reparto a domicilio unha oportunidade.

A maneira de comprar dos clientes tamén é diferente, as pequenas compras diarias dan paso agora a unha gran compra cada certo tempo.

As aglomeracións dos primeiros días da corentena nos supermercados non se deu nos mercados de abastos, as praceiras lamentan que non se lles dese o mesmo protagonismo dende as administracións.

Ante a falta de apoios son moitas as vendedoras que aproveitan internet para ofertar os seus produtos. Pero as praceiras piden aos concellos máis apoios e publicidade.

As vendedoras aseguran que non baixarán os brazos e seguirán traballando para que non falten produtos frescos e de calidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí