A Pobra desenvolverá dous programas de apoio a persoas vulnerables

A POBRA> A concellería de Servizo Sociais da Pobra desenvolverá dous programas dirixidos a persoas en situación de vulnerabilidade. Un deles enfocado a menores e o outro a adultos en situación de risco.

O equipo de goberno levará este xoves a pleno a aprobación provisional dun crédito extraordinario que permitirá a posta en marcha de dous programas de apoio, acompañamento e atención familiar en contornos de especial risco. O primeiro deles levarase a cabo da man da Fundación Meniños e ten coma principal obxectivo o apoio e o acompañamento a menores.

O outro programa será desenvolvido pola cooperativa Enraizando e focalizarase nos adultos en situación de vulnerabilidade.

Os dous programas terán un custe para as arcas municipais duns 36 mil euros e desenvolverase ata finais de ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí