Pontevedra> O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu esta mañá a apertura de Ludantia, a primeira bienal de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade. Unha cita que terá lugar na cidade ata o 17 de xuño. Ademais de xornadas e actividades, Ludantia reúne catro exposicións sobre a transformación do espazo público dende a perspectiva dos nenos e nenas e da educación.
No acto de apertura da primeira bienal de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, Ludantia, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato destacou a importancia da educación en arquitectura e respecto ó territorio na procura das mellores condicións de vida.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, resaltou a necesidade de construír cidades e espazos públicos onde podamos ser felices, e nomeou a importancia da participación dos máis pequenos nesta construcción.
Pechou as intervencións o alcalde da cidade. Fernández Lores indicou que facer das cidades lugares onde tódalas persoas poidan desfrutar dos espazos públicos depende da vontade política.
A bienal presenta 89 proxectos de 19 países, entre eles 18 galegos, que abordan infancia, arquitectura e educación. Ludantia permitirá saber qué queren nenas e nenos dos espazos públicos en diferentes partes do mundo e amosar a súa capacidade para transformar e participar na construcción da cidade.
Entre as catro exposicións que se poden visitar no Pazo da Cultura ata o 17 de xuño, destaca a Expo-Activa, , una exposición interactiva e lúdica que potencia a idea da construcción do espazo a través do xogo.










