Pontevedra estrea a nova imaxe da Ponte do Burgo

PONTEVEDRA> Pontevedra inaugurou tamén onte o novo alumeado da Ponte do Burgo. Unhas obras que, por fin, son unha realidade e que supuxeron unha inversión de máis de 2 millóns de euros.

Música, luces e acción. Pontevedra inaugurou, por fin, o novo alumeado da Ponte do Burgo. Tras 18 meses de obras, esta ponte está xa incorporada ao resto da vila e adaptada aos novos tempos.

O acto de inauguración da ponte xerou gran expectación entre todos os pontevedreses. De feito, foron moitos os que se achegaron ata aquí para descubrir, en primeiro lugar, a exposición que está dispoñible dende onte, e, por outro, as luces ornamentais que se acenderán cada día ás 23:00 horas.

O alcalde de Pontevedra está convencido de que esta reforma é un novo fito na historia da cidade. Un tributo e unha homenaxe, segundo Lores, á preservación dun emblema fundamental da nosa identidade.

As obras desta ponte comezaron o 7 de marzo de 2019 e supuxeron un investimento de máis de dous millóns de euros.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí