Pontevedra> A Xunta de Galicia di que non ten ningún problema en sentarse a dialogar sobre a comarcalizacion do parque de bombeiros en Pontevedra. Iso sí, ten claro que unha das clave para levar a cabo esta demanda é non realizar un maior investimento neste servizo. A Xunta di que na actualidade é a Deputación de Pontevedra a que non se quere sentar a analizar esta problemática. O plan de emerxencias de Galicia está dando moito de qué falar nos últimos días. Hoxe é a Xunta a que se posicionou sobre este asunto. O director xeral desta área di que non ten problema en sentarse a falar de calquera asunto que teña que ver con este tema pero sempre e cando se cumpran as duas condicións que poñen enriba da mesa, todas elas vencelladas co eido económico. Dende a Xunta non teñen ningún inconvinte en sentarse a falar sobre a comarcalización do parque de bombeiros de Pontevedra, algo que piden dende o Concello, pero din que o problema sitúase agora na Deputación provincial. Para poder levar a cabo esta comarcalización deberían poñerse de acordo as tres administracións, Xunta, concello e Deputación, xa que o director xeral lembrou que as competencias en concellos de menos de 20 mil habitantes sitúanse no Pazo Provincial.
Inicio PONTEVEDRA