Sanxenxo iza as súas 17 bandeiras azuis

SANXENXO> Sanxenxo iza as 17 bandeiras azuis da súas praias. Estes estandartes certifican que as praias compren con tódolos parámetros de calidade necesarios. O concello agarda este verán unhas grandes cifras de turismo.

O concello de Sanxenxo izou este luns as 17 bandeiras azuis que conseguiron os seus areais. A vila volveu ser o concello de España con máis estandartes, e para celebralo, o goberno local realizou un acto mediante o cal se izaron as 17 bandeiras á vez.

Estas bandeiras certifican a calidade das praias de Sanxenxo.

Telmo Martín indica que a clave da vila é seguir crecendo en calidade máis que en cantidade. Unha calidade coa que prevén acadar unhas cifras boas de turismo este verán.

O izado das bandeiras realizouse por todos os concelleiros da corporación, agás os do BNG que rexeitaron participar. No seu lugar izaron as bandeiras os presidentes e presidentas do CETs, de Aviturga e de Entretendas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí