A ILLA> A militancia do PP da Illa sitúase a favor do seu candidato Matías González. O actual cabeza de lista denuncia calquera tipo de agresión machista e defende que a súa condena foi por unha denuncia falsa. Síntese respaldado polo seu equipo para continuar liderando o proxecto.
A pesar de que o PP non quere que Matías González forme parte do seu grupo municipal tralas elección, a militancia da Illa sitúase a favor do seu candidato. O partido popular provincial tomou a decisión tras saír á luz que Matías foi condenado por agredir á súa parella no 2011. O candidato sinala que foi vítima dunha denuncia falsa e mostra o seu rexeitamento a calquera acto machista.
Matías González asegura que non fai a deixar de lado o seu proxecto e que conta co apoio da militancia.
O arousán pechou a súa intervención reafirmándose na súa condena contra calquera tipo de violencia machista e apoiando a todas as mulleres que sufriron esta lacra.
No caso de saír concelleiro ou incluso alcalde, todo indica que Matías González pasará a ser un concelleiro non adscrito. Haberá que ver a decisión que toma o seu equipo chegado o momento, de continuar do lado de Matías, o partido popular volvería vivir unha situación que xa se deu hai catro anos no concello de Meaño.