Lagar da Condesa traballa na ampliación da capacidade da súa adega

    CALDAS > A adega Lagar da Condesa, en Caldas de Reis, aspira a producir 600.000 QUILOS de uva dentro de cinco anos. A empresa iniciou a ampliación da súa infraestrutura, coa intención de duplica-la súa produción actual. Dentro de cinco anos, a adega Lagar da Costa producirá o dobre de uva que hoxe. Os técnicos calculan que na colleita de 2022, recolleranse 600.000 quilos, grazas á ampliación de capacidade da súa infraestrutura. As obras xa comezaron e prolongaranse durante os vindeiros exercicios, incrementando paseniñamente a capacidade da adega. Estes traballos de incremento da adega teñen un orzamento duns 2 millóns de euros, dos que a Xunta achega 650.000. E todo para que as adegas consoliden a súa posición no sector e o albariño siga gañando peso no mundo, cun incremento das súas exportacións. Polo de agora, Lagar da Condesa mantén a súa posición no mercado, cunha produción que este ano chegou ós 250.000 quilos, fronte ós 70.000 producidos –por exemplo- no 2013, hai tan só catro campañas,