O Concello de Pontevedra persoarase no expediente administrativo de prórroga de ENCE

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra persoarase no expediente administrativo de prórroga de ENCE. O pleno aprobaba esta mañá esa proposta e tamén a petición da Plataforma de Afectados da PO-531 a favor da mellora da vía que fixo súa o BNG.  Retirábase no último momento a solicitude de Marea de realizar unha auditoría externa ao Concello debido á investigación que, entenden, xa está facendo a xustiza debido á súa implicación nas Operacións Patos e Pokemon.

 

Segundo o estaba acordado na Xunta de Goberno Local, o Concello de Pontevedra persoarase no expediente administrativo de prórroga que ten pendente a empresa de celulosa ENCE. Así o aprobaban hoxe por maioría no seu pleno ordinario cos votos a favor de BNG, PSOE e Marea Pontevedra, a abstención do Partido Popular e o único voto en contra de Ciudadanos.

No mesmo pleno aprobábase tamén a moción do BNG que asumía a petición da Plataforma de Afectados da PO-531 que une Pontevedra con Vilagarcía.

Todos os partidos amosáronse de acordo coa moción á que o Partido Popular presentou unha emenda na cal quería matizar a posible liberalización da peaxe da AP-9 no tramo afectado mentres a obra non estivese rematada.

Coa negativa a aceptar esa emenda por parte do Bloque Nacionalista Galego a moción tivo que ser aprobada cunha votación por puntos. Todos foron aprobados por unanimidade a excepción do punto número dous que especificaba dita liberalización da peaxe e na cal o Partido Popular se abstivo, sen afectar ao resultado da mesma.

A proposta que levaba a pleno o grupo Marea Pontevedra e pola cal instaba ao goberno municipal a elaborar unha auditoría externa das contas do concello foi retirada no último momento por, entender, que gran parte desa auditoría se vai a realizar nos xulgados que instrúen as Operacións Patos e Pokemon das que o Concello de Pontevedra se viu salpicado.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/30/pleno_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/30/pleno_pontevedra.mp4{/flowplayer}