O Plan Revitaliza mostra á Unión Europea “o camiño a seguir” na xestión de residuos

PONTEVEDRA> O Plan Revitaliza convértese nun referente internacional. E todo grazas á Zero Waste. A axencia europea editou un monográfico sobre o modelo de compostaxe de Pontevedra que será publicado en toda a Unión Europea. Un estudo que servirá como exemplo a outros países e outras cidades.

O Plan Revitaliza foi elixido, nos anos 2017 e 2018, como exemplo de compostaxe local dentro da Unión Europea. E hoxe, unha vez máis, este modelo de tratamento de residuos volve a converterse nunha referencia internacional. O é grazas a esta publicación. Un monográfico da axencia europea Zero Waste que pretende servir de soporte ás autoridades da Unión Europea para buscar exemplos de boas prácticas que cumpran cos obxectivos ecolóxicos establecidos.

O responsable de políticas de residuos de Zero Waste visitou hai uns meses a nosa provincia para coñecer máis de cerca o funcionamento do Plan Revitaliza. O informe que elaborou nesa viaxe foi a base de esta publicación. Un monográfico que será publicado en toda a Unión Europea e que indicará o camiño a seguir na xestión de biorresiduos.

Pontevedra é a terceira cidade española que sae publicada neste monográfico, soamente por detrás de Argentona, en Cataluña e Guipúzcoa. O vicepresidente da Deputación non podía ocultar esta mañá a súa alegría e orgullo con este feito.

Esta publicación presenta os datos rexistrados no Plan Revitaliza ata finais do ano 2018. Pero segundo anunciaron esta mañá, no primeiro semestre de 2019 xa se rexistrou unha baixada do 20% na recollida de lixo. Unha cifra que demostra o gran traballo que se está a realizar en toda a provincia na xestión de residuos.