Moraña remata as obras de saneamento que envían as augas residuais á depuradora do polígono

    MORAÑA> O Delegado da Xunta en Pontevedra visitou hoxe o municipio de Moraña para pór en funcionamento o último pozo de bombeo que completa a acción de saneamento levada a cabo polo Concello. Co remate desta obra 500 veciños beneficiaranse da eliminación dunha fosa séptica a carón do río Grixó. 

     

    Cores Tourís achegouse esta mañá a Moraña para ser partícipe da entrega da obra de saneamento que o Concello puxo en marcha para que todas as augas residuais de dúas parroquias e parte dunha terceira chegaran ata a depuradora central de Augas de Galicia. 

    A alcaldesa de Moraña lembraba a importancia de que parte desas augas non queden varadas en terreos do municipio e reciban o seu correcto tratamento.

    O delegado da Xunta en Pontevedra quixo destacar a labor do concello de Moraña por apostar por obras que non sempre son visibles pero si moi necesarias.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/01/saneamento_morana.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/01/saneamento_morana.mp4{/flowplayer}