Chega a 5ª edición de Augal, a Master Class do Audiovisual Galego

PONTEVEDRA> Chega a 5ª edición de Augal, a Master Class do Audiovisual Galego. Dende o vindeiro martes 15 de decembro e ata o mes de abril a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación proxectará os últimos filmes e operas primas dos profesionais do sector galegos acompañados dos directores e produtores das mesmas.

 

Dez proxeccións durante os martes dos meses de decembro, febreiro, marzo e abril. O audiovisual galego dáse cita a partir do vindeiro día 15 na quinta edición de Augal que terá lugar na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. El Desconocido, de gran éxito nas carteleiras de toda España, será a encargada de estrear este ciclo de filmes dirixido sobre todo a estudantes pero tamén a profesionais do sector.

Publicidade, documentais, ficción, curtametraxes e webseries pasando tamén pola animación que pechará esta quinta edición do Augal. Todo co obxectivo de dar visibilidade aos produtos feitos en Galicia ante o público e facelo da man dos seus creadores.

A entrada é gratuíta e ao final do mesmo entregarase un diploma de asistencia outorgado pola AGADIC. Para participar só hai que inscribirse a través das páxinas web da AGADIC e a Facultade de Comunicación, xa que o aforo é limitado.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/09/augal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/09/augal.mp4{/flowplayer}