A Xunta inicia a construción da nova rotonda de Xuño

PORTO DO SON> A consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou xa os traballos de construción da nova glorieta na estrada autonómica AC- 550 na parroquia sonense de Xuño.

A intervención, cun investimento de máis de 322 mil euros, ten coma finalidade mellorar a seguridade viaria na zona, optimizando tamén os movementos do tráfico rodado coa instalación dunha glorieta na intersección da estrada de titularidade autonómica co vial que conduce á igrexa, pola marxe esquerda, e co que se dirixe ó colexio, ó centro de saúde e á praia das Furnas, pola marxe dereita.

A nova rotonda contará cun diámetro de 28 metros.

A actuación completarase coa instalación dun paso de peóns en dirección a Ribeira para reforzar a seguridade das persoas que transiten a pé pola zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí