O concello segue á espera do convenio da Xunta para abrir o centro de día

    POBRA> O concello da Pobra volveu demandar do Consorcio Galego de Servizos unha resposta sobre o estado do centro de día da localidade. A intención do executivo é asinar o convenio coa Xunta á maior brevidade posible para poñer en marcha esta instalación e contar. Dende que o pasado dezaoito de novembro, o alcalde e o edil de Servizos Sociais mantiveran unha xuntanza cos responsables do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, a Xunta non moveu ficha. O executivo pobrense segue á espera de recibir o convenio que permita abrir dunha vez por todas o centro de día, inaugurado xa a principios de ano. O alcalde pobrense entende que o cambio de xerencia no Consorcio xustifica en certa medida a demora xa que os novos responsables precisan dun tempo para poñerse ó día. Sen embargo, consideran que o caso do concello da Pobra debe ser prioritario posto que o centro de día xa foi inaugurado, adxudicado e conta con tódolos servizos para comezar a funcionar.