POBRA> A Fundación La Caixa investirá catro mil euros en axudas de proximidade ó concello da Pobra. A maior parte dos fondos destinaranse a mercar alimentos e xoguetes para as familias necesarias. O outro dos proxectos permitirá dotar ó Centro de Atención ña Discapacidade dunha serie de dispositivos electrónicos para a estimulación cognitiva. A colaboración entre a Fundación La Caixa e o concello da Pobra permitirá que ningunha familia do municipio quede sen Nadal. A entidade financeira destina tres mil euros á adquisición de alimentos e xoguetes para as familias con menos recursos. A empresa GADis traballa xa na elaboración de paquetes individualizados en función das necesidades de cada unha das dezaoito unidades familiares que se beneficiarán desta axuda. Outro dos proxectos que permitirá poñen en marcha a colaboración de La Caixa é a mellora no servizo de atención temperá do CAD. A fundación destina mil euros á compra de tabletas para a estimulación cognitiva dos usuarios. A través destes programas, a fundación La Caixa pretende que as axudas repercutan no ámbito local mellorando a calidade de vida dos cidadáns. A intención de La Caixa é manter esta e outras colaboracións co concello da Pobra de cara ó futuro, ampliando o importe das axudas para chegar a máis poboación.
Inicio Barbanza - Muros - Noia