O científico Guido Kroemer faise co premio de investigación Ramiro Carr

    SANTIAGO> O acto de entrega do galardón estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Personalidades do mundo sanitario, académico, cultural e político, entre os que se atopaba o propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, asistiron en Santiago no Hostal dos Reis Católicos á entrega do premio Ramiro Carregal-Fundación la Rosaleda. Nesta quinta edición do certame o galardoado foi o investigador Guido Kromer, que desenvolve o seu traballo científico no instituto de Oncoloxía Gustave Roussy de París. O premio, dotado con quince mil euros, é un dos de maior contía económica dos que se outorgan na actualidad grazas ó labor de mecenazgo que realiza o empresario ribeirense, fundador da conserveira Frinsa, Ramiro Carregal. Nesta ocasión, o xurado elixiu a Guido Kroemer en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional, que permitiu entre outros aspectos obter unha nova visión do cancro e tamén darlle un novo enfoque ó seu tratamento.