PONTEVEDRA> O BNG esixe á Xunta de Galicia que se implique na recuperación do convento de Santa Clara. Nun acto en Pontevedra, o alcade defendeu que se trata do proxecto estrela, clave para seguir transformando a cidade. A voceira nacional Ana Pontón respaldou esta postura, e comprometeu o seu apoio no Parlamento Galego para demandar á Xunta que colabore económicamente na súa rehabilitación.
A rehabilitación do convento pontevedrés de Santa Clara chegará ao Parlamento Galego. A voceira nacional do BNG comprometeuse a levar o proxecto ata a cámara autonómica para reclamar o apoio da Xunta de Galicia.
Para o rexedor pontevedrés, a recuperación de Santa Clara é un proxecto estrela; clave para seguir transformando a cidade.
Dende o BNG queren evitar que a postura da Xunta no proxecto de Santa Clara sexa a mesma que noutros compromisos con Pontevedra, como a Variante de Alba, a circunvalación ou o saneamento da ría. Pero non só a administración autonómica ten débedas coa cidade. Os nacionalistas criticaron a parálise do Estado na reforma do Nó de Bombeiros ou o paseo peonil a Marín.
Para Pontón, Pontevedra é un referente internacional e un exemplo da aposta que teñen que facer as cidades cara o futuro. Asegurou tamén que ve a Fernández Lores máis forte que nunca, arroupado por un ‘equipo de dez’ para seguir impulsando o concello.