O menú tradicional imponse na cea de Noiteboa

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/24/reportaxe_cea_noiteboa_2412151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/24/reportaxe_cea_noiteboa_241215.mp4{/flowplayer} POBRA> Marisco, peixe e carne compoñen o tradicional menú de Noiteboa que se servirá esta noite na maioría das mesas. Aínda que cada quen se decanta por distinta especies, o camarón, a centola, o bacallau e o capón son os preferidos polos arousáns nestas festas. O marisco é a estrela deste Nadal que non pode fallar no menú de Noiteboa. Centola, camarón ou nécora figuran entre os máis demandados e tamén entre aqueles que experimentan unha suba maior de prezo, especialmente canto máis se achegan as datas festivas. En canto ó peixe, aínda que a maioría se decanta polo tradicional bacallau con coliflor, tamén teñen moita saída outras especies como o rodaballo ou o abadexo. Para aqueles que aínda garden un oco para a carne, aconsellamos o cordeiro ou o capón se queren cumprir coa tradición. Unha aposta segura que ademais mantén o prezo nestas datas. Esta é tan só unha proposta das milleiras opcións para celebrar a Noiteboa. Sexa cal sexa o menú, de seguro que a boa gastronomía está garantida nesta noite máxica.