Rianxo promove o consumo dos produtos locais cun obradoiro gastronómico

    RIANXO> Promocionar os produtos locais e as vendas nas prazas de abastos. Este é o obxectivo da iniciativa organizada polo concello de Rianxo no mercado municipal, onde cociñeiros do grupo Innove elaboran novidosos pratos cos produtos de sempre. O mellor do mar e da terra de Rianxo adquire aínda máis valor tras pasar polas mans de Marián Romero. Esta cociñeira, que forma parte do grupo Innove, elabora estes días na praza de abastos unha serie de propostas culinarias que non deixan indiferente ós visitantes. O obxectivo destas exhibicións, nas que os clientes poden asistir a todo o proceso de preparación, é probar os distintos pratos, é fomentar o consumo de produto local. O concello de Rianxo decidiu promover esta iniciativa para dinamizar as vendas no mercado local que actualmente non rexistra moito movemento. Dados os bos resultados, está previsto dar continuidade a outras actividades que dinamicen a praza.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí