O executivo noiés insiste na construción do pavillón do colexio de Bergondo

    NOIA> A través dun escrito, o alcalde Miguel Paz, solicítalle á consellería de Educación que se acometa dunha vez esta actuación tan demandada pola comunidade educativa deste centro escolar. A través dun escrito, o alcalde Miguel Paz dirixiuse ó conselleiro de Educación, Román Rodríguez, lembrándolle as solicitudes realizadas hai máis de dous meses sobre a necesidade dea cometer a construción dun pavillón polideportivo no colexio Felipe de Castro. Dende aquela data, e despois de remitirlle o anteproxecto da obra, seguen esperando. Segundo sinalan fontes municipais a proposta foia probada por unanimidade no pleno da corporación e responde a unha necesidade tantas veces demandada dende apropia comunidade educativa deste centro escolar, razón máis que suficiente ó seu xuízo para que a petición fose atendida. Ante a tardanza da resposta, o rexedor noiés volve a solicitarlle ó Conselleiro unha xuntanza, para coñecer de primeira man se a Xunta está disposta ou non a acometer este proxecto.