O concello da Pobra asina un convenio con Cáritas para a recollida de roupa

    POBRA> O concello da Pobra asinou un convenio con Cáritas para a recollida de roupa usada. A entidade parroquial contará con catro contedores no municipio no que se poderá depositar textil e calzado. As prendas en mellor estado destinarase ó roupeiro social ou a tendas de segunda man, xestionadas pola empresa Arroupa. Na actualidade, A Pobra conta xa cunha empresa privada e unha ONG que xestionan a recollida de roupa. A partir da sinatura deste convenio, os veciños disporán dunha terceira vía para doar aquelas prendas que xa non lle serven xa que entidade ten instalados catro contedores en varios puntos do municipio. A intención de Cáritas é dignificar a entrega social a través da empresa Arroupa enfocada tamén á inserción laboral xa que seis dos seus oito traballadores proveñen dos programas de inclusión social. A empresa clasifica a roupa segundo o seu destino. As prendas que se atopan en mellor estado venderanse en tendas de segunda man ou destinaranse ó roupeiro social. As que non teñen saída no noso país destinaranse ós países do sur mentres que aquelas prendas de tecidos naturais como algodón ou liño reciclaranse para darlle novos usos industriais. Por último, queda aquela roupa en moi mal estado que ten que ser destruída, tentando minimizar a pegada ecolóxica.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí