BOIRO> Unhas vinte familias de Boiro recibirán esta noite de Reis un regalo moi especial. Grazas á colaboración da piscina municipal, a academia ‘The English Study Center’, a xoguetería Tiko Doco e a concellería de Servizos Sociais, ningún neno quedará sen xoguetes este Nadal. A empresa concesionaria da piscina municipal ‘Soom Management’ e a academia The English Study Center sumaron esforzos para facer realidade as ilusións dos máis pequenos. Grazas a un festival a cargo dos alumnos da academia e os donativos dos socios da piscina conseguiron recadar máis de mil euros destinados a xoguetes. A xoguetería Tiko Doco, encargada de subministrar os regalos, quixo tamén aportar o seu gran de area cun desconto dun vinte por cento en tódolos produtos así como unha serie de agasallos. Pola súa banda, o departamento de servizos sociais encargouse de canalizar o reparto, almacenaxe e distribución dos xoguetes que chegarán a unha trintena de familias nesta noite de Reis.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










