OUTES> O concello de Outes deseñou unha ampla estratexia de promoción turística centrada no turismo de proximidade. Ademais dunha web propia e o posicionamento nas redes sociais, o concello deseñou unha guía de recursos turísticos e un vídeo que recolle os numerosos atractivos do municipio.
A perfecta combinación entre mar e monte fan de Outes un destino ideal para as vacacións. Co obxectivo de dar a coñecer os moitos atractivos do municipio, o concello elaborou unha campaña de promoción focalizado no turismo de proximidade.
O plan divídese en catro grandes eixos.Poor un lado un renovado portal web e a maior presenza nas redes sociais como mellor forma de chegar a un público máis amplo.
Paralelamente, elaborouse unha completa guía de recursos turísticos e un vídeo promocional que de seguro animará a moitos visitantes a achegarse a esta fermosa terra.
A campaña, que se puxo en marcha hoxe mesmo, terá continuidade nos próximos meses xa que o concello busca tamén desestacionalizar o turismo e atraer visitantes durante todo o ano.